Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Parganonsedivide convoca unha manifestación para pedir a repartura do centro médico

Por 16 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

Veciños de Guitiriz regresan ás rúas este domingo para esixir ao Sergas a reapertura do centro médico de Parga tras máis de dous anos pechado.

Malia as promesas da Xunta de que o centro reabriría leste mesmo mes,o ambulatorio mantén as portas pechadas, como fixo pola pandemia.

A pesar das promesas da Xunta de que o centro reabriría leste mesmo mes, a realidade é que o ambulatorio mantén as portas pechadas, como fixo pola pandemia. Debido a isto, a plataforma #PargaNonSeDivide convocou unha nova protesta o domingo 18 de setembro ás 12:30 horas.

Como tantos centros do rural, o ambulatorio de Parga pechou durante o inicio da crise sanitaria, pero unha vez superado o máis cru da pandemia as portas seguían pechadas. A poboación reclamou ás administracións públicas a súa reapertura en varias ocasións e tras máis de dous anos de protestas, a Delegación da Xunta en Lugo prometeu que reabriría este mes, algo que non ocorreu.

Atrás quedan meses de demandas: caceroladas, cadeas humanas, marchas baixo a choiva…pero o enfado dos afectados continúa. Desde #PargaNonSeDivide denuncian que a administración pública “incumpriu” na reapertura do centro médico de Parga, datado para este mes de setembro. Ao tempo, reprochan “a negativa para reunirse cos veciños e veciñas”.

“Xusto antes de comezar toda esta lea tiñamos en Parga dous médicos, unha ATS e un PSX, e en Guitiriz tiñan catro médicos”, lembran desde a organización. “Logo, xubilouse a doutora Purificación Fernández e non se chegou a cubrir a súa praza. Agora vemos como se xubilou a doutora Purificación López Quinteiro e xa anuncian que van repartir a súa cota entre os médicos que quedan polo que tampouco se cubrirá a praza”, agregan.

Con esas contas “quedarán catro médicos para cubrir Parga e Guitiríz”. “Agora mesmo están os catro en Guitiriz, polo que a conta está clara. É posible que queden dous en Parga e dous en Guitiriz? Pode ser, pero é improbable”, lamentan.

Os afectados polo peche están citados ante o centro médico para este domingo 18 de setembro ás 12:30 horas para facer visible o malestar da poboación. Ao tempo, anuncian que inician un proceso de recollida de firmas “para entregar na xerencia do Sergas en Lugo” como medida de presión.