Skip to main content
Guitiriz

Arranca en Guitiriz o programa Educando en Familia

Por 22 Setembro, 2022Sin comentarios

O programa Educando en Familia dará comezo a próxima semana en Guitiriz e Parga, as sedes onde se levará a cabo este curso.

Programáronse reunións para formalizar a inscrición, presentar o programa e dar inicio ao curso. O luns 26 de setembro ás 16:30 horas terá lugar no CEIP de Lagostelle (Guitiriz), e o martes 27 de setembro ás 10:30 horas no CEIP Santo Estevo de Parga.

Este programa está dirixido especialmente a familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, a mulleres xestantes e lactantes, a mulleres inmigrantes en risco de exclusión social e tamén a escolas infantís, proporcionando orientación familiar no seu ámbito.

Entre as actividades que se levan a cabo nas diferentes sesións están: charlas divulgativas; participación en programas de radio; obradoiros;  biblioteca Itinerante; colaboración con traballadoras sociais, centros educativos, escolas infantís, centros de atención temperá; excursións…