Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Unha liscada gratuíta abre as festas de Sambreixo

Por 29 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

A localidade de Sambreixo en Guitiriz organiza as súas festas patronais na honra a San Remigio, que terán lugar o 30 de setembro e o 1 e 2 de outubro.

As festas comezarán o venres a partir das 21.00 horas cunha liscada e chourizada gratuíta por xentileza de Bar Porto, á que seguirá a verbena con grupo Jake.

O sábado a sesión vermú estará ao cargo do cantante José Anido e a verbena contará de novo con Anido e co grupo Máster. O domingo, que só haberá sesión musical ao mediodía, estará a cargo do trío Arena.

O sábado e o domingo ahberá misa solemne ás 13.30 horas e durante a mañá as rúas estarán amenizadas polo grupo de gaitas Son’s da Aldea.

O campo da festa estará cuberto cunha carpa.