Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Volve o Urban Witiricus este sábado a Guitiriz

Por 29 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

Guitiriz volverá a acoller a arte urbana durante unha xornada enteira. O seu festival Urban Witiricus será o sábado 1 de outubro.

A xuventude de Guitiriz, da man da Asociación Cultural Xermolos e en colaboración con algúns establecementos comerciais e hostaleiros da vila, organiza esta nova edición dedicada á cultura urbana.

Esta actividade desenvolverase no aparcadoiro do campo da feira e dará comezo, ás 18.00 horas con obradoiros de graffiti e parkour, totalmente gratuitos.

A sesión musical abrirase ás 20.00 horas cun concerto cada hora dos distintos artistas invitados: Guaja D. Willow, Kali e DJ Losi, sendo o último concerto previsto ás 23.00 horas.

Ademais, tamén se fará un mural, que este ano estará acargo de Nesui.