Skip to main content
Meira

O Concello de Meira rehabilitará o exterior do centro sociocultural Federico González

Por 12 Setembro, 2022Setembro 14th, 2022Sin comentarios

O Concello de Meira acometerá este ano a rehablitación exterior da casa da cultura local, que leva o nome de centro sociocultural Federico González, situado na rúa do mesmo nome.

Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Agustín Méndez, os traballos consistirán fundamentalmente na eliminación das humidades e de mellorar o aspecto da casa, que empeza a desprenderse. A intención é a colocación dunha fachada ventilada que lle de un aspecto máis moderno “como se fixo no centro de maiores con panel Larson”. Para iso non descartan a utlizacións de paneis de cores.

Ademais intervendrase tamén na cúpula, que se tapará e no tellado.

O edil de Cultura explicou que a casa leva moitos anos funcionando e esa reparación completará a realizada hai uns anos co cambio da cuberta por unha tipo sandwich e o tapado das terrazas, todo cun investimento de 25.000 euros.

A intención do Goberno local é ter as obras en marcha ante de que remate o ano.