Skip to main content
Meira

O Pleno de Meira aproba un novo regulamento para a xestión da pista de pádel

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

O Pleno de Meira aprobou onte a ordenanza reguladora da nova pista de pádel, que fixa os horarios, as tarifas e o sistema de reserva de pista dentro dun regulamento de uso.

Este documento foi aprobado cos votos a favor do PSOE, malia que votaron en contra o BNG e Galicia Sempre e o PP abstívose.

Outras das cuestións regulamentarias que se levaron a pleno foi a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polas actividades extractivas de madeira nos montes e canteiras meirenses, que foi aprobado cos votos a favor do PSOE e o BNG e en contra do PP e Galicia Sempre. Aínda que a norma foi aprobada no ano 2020, houbo que cambiar un punto tras unha senteza do TSXG deste ano, na que se aceptaba un recurso por ter un erro no cálculo dos ingresos para determinar a taxa.

Esto fixo que o Concello tivera que facer un novo informe técnico para deixar claro o tipo de gravamen.

Tamén no pleno aprobouse o protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e por razón de sexo.

DESRATIZACIÓN

O Concello acometou tamén estes días un proceso de desratización no Concello,  xa que recibiron notificación por parte dos veciños de avistamentos destes animais na zona do parque e do muíño e nalgún punto punto máis do termo municipal.

Este tipo de operación realízanse cando se producen notificacións de avistamentos de ratas e é unha empresa privada a que se encarga de facer este traballo de limpeza.