Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

Seixosmil inicia as súas patronais cunha churrascada

Por 22 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Seixosmil O Estreito, en Meira, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais ha honra das Mercedes, que darán comezo cunha churrascada o venres a partir das 21.30 horas. A esta seguirá unha verbena a cargo de Tania e o grupo Chocolateira.

O sábado 24 terá lugar unha misa solemne ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú coa orquestra Estéreo. Pola noite volverá celebrarse a verbena repetindo con Estéreo e sumándose Tania e o seu acordeón.

Finalizarán as celebracións o domingo, ás 13.00 horas con misa e a consabida procesión. A sesión vermú do trío Muralla porá o punto e final ás festas.