Skip to main content
Muras

Muras súmase aos concellos con restricións no uso da auga

Por 1 Setembro, 2022Setembro 2nd, 2022Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requejo, informou aos veciños que queda prohibido encher piscinas, a rega e o lavado de coches con auga municipal, polo escaso caudal que presentan os mananciais. Segundo informou algunhas das captacións de auga da rede municipal de abastecemento atópanse en niveis moi baixos, “que ameazan o funcionamento normal do servizo”.

Debido ao anuncio por parte da xunta dunha seca prolongada o Concello exprica a necesidade de “distribuír os recursos hídricos dispoñibles da forma máis eficiente posible” dando prioridade ao consumo humano.

Por esta razón, nun bando o alcalde comunica aos veciños que a dotación de auga municipal por veciño será de cen litros ao día exclusivamente para consumo humano e doméstico. Polo tanto non se poderá usar para o lavaod de vehículos, rega de xardíns, hortas e prados nin para encher as piscinas particulares.

Avanza tamén que o Concello sancionará os comportamentos que contraveñan estas disposicións.