Skip to main content
Axenda CaducadaMuras

Muras acollerá un obradoiro de formación sobre nutrición e alimentación apícola

Por 5 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

A acción terá lugar o 11 de setembro na Casa do Concello.

A Axencia Galega da- Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar a semana que vén no concello de Muras un curso sobre o coidado da nutrición e da alimentación das abellas. O obradoiro impartirase na Casa do Concello de Muras, o día 11 de setembro cun horario de mañá desde as 9:00 ata as 14:00 horas e de tarde desde as 16:00 ata as 21:00 horas.

O programa deste curso aborda unha serie de nocións teóricas e prácticas sobre as particularidades da alimentación e nutrición apícolas. Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende formar aos apicultores no coñecemento das necesidades da alimentación das abellas, na identificación dos mellores alimentos e na elaboración dos mesmos. Así mesmo, os asistentes realizarán un taller práctico que consistirá na elaboración das súas propias recetas.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 954, ou enviarse un correo a maria.carmen.rego.martinez@xunta.es.