Skip to main content
MurasViveiro

Muras acolle o domingo a I Mini BTT organizada polo Club Ciclista de Viveiro

Por 7 Setembro, 2022Setembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras acollerá este domingo, 11 de setembro, a primeira edición dunha Mini BTT que organiza o CLub Ciclista Viveiro.

A competición arrancará ás 10.00 horas para as categorías prebenxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís.

A inscrición é gratuíta para todos os deportistas federados mentres que os non federados deberán pagar 5 euros. Para inscribirse hai que facelo no teléfono 636 032 631 ou no correco ccviveiro@gmail.com. O último día para inscribirse é hoxe, 7 de setembro.