Skip to main content
MurasViveiro

Muras acolle o domingo a I Mini BTT organizada polo Club Ciclista de Viveiro

Por 9 Setembro, 2022Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, o tenente de alcalde, Mario Rouco, e o presidetende do Club Ciclista Viveiro, César Lage, presentaron onte na localidade muresa a primeira edición da Mini BTT, organizada por dito club.

A competición arrancará ás 10.00 horas para as categorías prebenxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís.

A inscrición é gratuíta para todos os deportistas federados mentres que os non federados deberán pagar 5 euros. Para inscribirse hai que facelo no teléfono 636 032 631 ou no correco ccviveiro@gmail.com.

Un grupo de rapaces participou na presentación facendo unha proba dos camiños polos circulará a proba.