Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAMurasViveiro

Gran éxito de público e participantes na I Mini BTT de Muras

Por 14 Setembro, 2022Setembro 15th, 2022Sin comentarios

Gran éxito de público na primeira edición da Mini BTT que se celebrou en Muras organizada polo Club Ciclista Viveiro, que contou con arredor de 200 participantes nas distintas categorías.

Os pequenos, que dispuxeron de moi bo tempo, fixeron o seu percorrido e disputaron o mellos que se puido acompañados do seus pais.

Os gañadores recibiron trofeos feitos polo colectivo viveirense de Aspanane, cada un deles leva un largo proceso de produccion e son froito do esforzo e traballo dun gran equipo.

O éxito da sesión convenceu aos participantes, organizadores e Concello de celebrar o ano que vén unha nova sesión.

Muras, ademais, contou cunha gran afluencia de xente na área de autocaravanas da Veiga,  moitos deles familias dos participantes, que se quedaron a pasar a fin de semana aproveitando o bo tempo.