Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A Memoria da Chaira Enteira terá lugar este xoves en Outeiro de Rei

Por 5 Setembro, 2022Setembro 8th, 2022Sin comentarios

O xoves 8 de setembro a Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María celebrarán un ano máis o cabodano do poeta chairego coa celebración da Memoria da Chaira Enteira.

A celebración terá o seu inicio ás 14.30 horas co xantar de irmandade que terá lugar no Restaurante Río Ladra, en Gaioso. A continuación, sobre ás 17.00 comezarán os actos literarios cun recital de poesía e música en Penas de Rodas, ao que seguirá, as 18.00 horas o acto de lembranza ao poeta no cemiterio de Outeiro de Rei, a onde os participantes levarán unha rosa nunha procesión amenizada polos versos e comunicados. Haberá unha benvida co Canto da Irmandade: O Carro, a cargo de Mero.

A continuación, a actividade desprazarase á carballeira de Santa Isabel, onde se fará entrega das Navallas de Manuel María a Pilar García Negro e a Francisco Pillado Mayor.

O prazo de inscrición para o xantar xa está aberto e pode facerse no 646 413 890.