Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Comeza en Outeiro de Rei un curso sobre competencias dixitais para mulleres

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

Comezou en Outeiro de Rei Galegas Dixitais, un programa de formación gratuito para a dixitalización de mulleres desempregadas, no que están a participar 15 mulleres no centro cultural de Robra.

O programa ten como principal obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais e preferentemente desempregadas ou coa mellora de emprego solicitada. Con este proxecto preténdese ademais incrementar o nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.

Trátase dun proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos Next GenerationEU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Unha oportunidade para a dixitalización

As accións formativas que se van levar a cabo son competencias dixitais básicas, avanzadas e de iniciación para o emprendemento, formación dirixida toda ela a mulleres preferentemente desempregadas e pertencentes a concellos de menos de 30.000 habitantes.

As participantes no programa farán un itinerario formativo deseñado para avanzar dende un nivel básico de competencias dixitais ata un nivel avanzado, coa fin de ter uns coñecementos das novas tecnoloxías que lles permitan maiores posibilidades de empregabilidade ou emprendemento.

A formación será impartida por expertos docentes e ao finalizar entregarase un título oficial acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.

Ademais, co obxetivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías, tras a formación as participantes recibirán un ordenador portátil de agasallo, co que poderán pór en práctica todo o aprendido.

As persoas da provincia de Lugo interesadas poden facer unha preinscrición na web www.galegasdixitais.es ou chamar aos teléfonos indicados nesta.