Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei acolle unha xornada sobre o castiñeiro

Por 13 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei colabora con Campo Lab na celebración da I Xornada do castiñeiro produtor de castaña, que terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei o sábado 1 de outubro a partir das 9:30 horas e ata as 20:30.

Nesta xornada abordaranse, entre outros temas, o tratamento e manexo de soutos, a tolerancia das plantas de castaño a enfermidades como o chancro e a avispilla, experiencias de I+D+i na conservación e xestión do castaño no Bierzo ou a adaptación dos soutos ao cambio climático.

As inscricións para participar nesta xornada formativa, que é gratuíta, poden realizarse a través no whatsapp 654 142 938 ou no enderezo electrónico campolabsl@gmail.com