Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

San Pedro de Arcos inicia as festas do Ecce Homo

Por 14 Setembro, 2022Setembro 20th, 2022Sin comentarios

A localidade de San Pedro de Arcos, en Outeiro de Rei, inicia hoxe, mércores, as festas na honra do Ecce Homo e da Virxe das Angustias.

As celebracións arrancarán cunha misa ás 11.00, á que seguirá a tradicional bendición dos animais e ás 13.00 haberá un novo oficio relixioso.

As celebracións continuarán a fin de semana, de novo con misa ás 13.00 horas e sesión vermú a cargo de Son de Festa, que tamén estará na verbena xunto ao dúo Karamba.

O domingo habrá misas ás 10.00. 11.00. 12.00 3 13.00 horas na honra á Virxe das Angustias. A sesión vermú estará a cargo da orquestra Acordes, que, xunto a Trío D’Nika, fará a sesión de tarde que porá fin ás celebracións.