Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei celebra este venres o seu Festival de Outono

Por 26 Setembro, 2022Setembro 30th, 2022Sin comentarios

O  venres día 30 de setembro terá lugar na praza da vila de Outeiro de Rei o Festival de Outono, que acollerá as actuacións de La Penúltima Sabinera ás 22:00 horas, á que seguirá a actuación  ás 24:00 h  de La Duendeneta (discoteca móbil vintage); ambas animarán cos seus temas a todas as persoas que queiran gozar deste evento.

Estas actuacións están incluídas dentro dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia.

Lembrar que ese mesmo día terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei  ás 21:00 h  a  presentación das actividades de inverno de Lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil previstas para a tempada 2022-2023.