Skip to main content
A PastorizaAxenda CaducadaDeportes TERRACHÁXA

O circuíto da Pastoriza terá dúas fins de semana de competición de karting e minimotos

Por 2 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

O Circuíto da Pastoriza acollerá un dobre fin de semana de actividades do motor. Así, este sábado e domingo terá lugar a 49 edición do Karting da Pastoriza.

O sábado terán lugar as verificacións administrativas desde as 10.00 horas en tandas de 12 minutos para todas as categorías. O domingo haberá adestramentos libres desde as 9.45 horas e ata as 11.45 en tandas tamén de 12 minutos. Trala foto oficial comezarán as carreiras que rematarán ao mediodía.

A seguinte fin de semana, os días 10 e 11 de setembro, terá lugar neste mesmo circuíto da Pastoriza, unha nova proba da VF Challenge MR nas modalidades de minimotos, minivelocidade, pitmotard, GP Sport e Supermoto.

A proba, organizada polo VFM Motoclub coa colaboración do Concello da Pastoriza será puntuable para o Campionato Galego de Minivelocidade.