Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Veciños da Rigueira celebran este domingo unha comida veciñal

Por 3 Setembro, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

A Asociación Monte Comunal A Mudia en colaboración coa Asociación de Veciños da Rigueira celebra este domingo unha comida de fraternidade á que están invitados todos os veciños.

Esta terá lugar a partir das 14.00 horas no campo da festa local.

Previamente celebrarase a asemblea da asociación do monte comunal, con inicio ás 13.00 horas, para tratar sobre a elección da directiva. A esta reunión prégase asistencia.