Skip to main content
A Pastoriza

20 familias da Pastoriza beneficiaranse da gratuidade da escola infantil, di o PP

Por 7 Setembro, 2022Sin comentarios

Segundo explica a voceiro popular no Concello da Pastoriza, o 2022-2023 será o primeiro curso no que todas as escolas infantís sexán gratuitas para os nenos de 0 a 3 anos. Galicia convírtese así na primeira comunidade en aplicar esta medida que, según a Xunta, beneficiará a unhas 30.000 familias cun orzamento de 30 millóns de euros.

“Esta iniciativa permitirá que todas as familias queden exentas do pago da matrícula e da atención educativa dos fillos en calquera escola infantil. Así, a gratuidade se aplica tanto os centros públicos de titularidade autonómica como aos centros privados, de iniciativa social, municipais e de calquera outra índole que estén asociados ao programa”, indica.

Unha das ventaxas desta medida é que non é necesaria solicitar as axudas; no momento que se inscriba a un neno de entre 0 e 3 anos aplicarase directamente a todos os beneficiaros os descontos do 100% do coste da matrícula, e será a Xunta quen abone o custo do servizo educativo ao centro beneficiario.

Familias en A Pastoriza

O PP de A Pastoriza destaca os beneficios destas axudas no municipio. Son 20 familias as que se beneficiarán da gratuidade das escolas infantis, concretamente no Punto de Atención a Infancia.

O PAI do municipio é un centro que nace da necesidad do coidad e o aprendizaxe que necesitan os máis pequenos e non só cando ambos padres traballan, senon que tamén os axuda a desenvolver as necesidades de atención, socialización e estímulos que necesitan os nenos no seu primeiros anos de vida.