Skip to main content
A PastorizaCospeito

A Deputación inviste en novas melloras na estrada da Pastoriza a Muimenta

Por 19 Setembro, 2022Setembro 20th, 2022Sin comentarios

Comezaron as obras do arranxo da estrada provincial LU-P-4401, que conecta Pastoriza e Muimenta pola parroquia de Reigosa.

A actuación contemplao saneamento dos tramos en mal estado e a posterior emulsión do firme para unha maior adherencia.

Están a traballar no tramo que une O Carrizal coa Pastoriza.

Esta é unha estrada moi empregada pola veciñanza dos concellos da Pastoriza, Cospeito e Castro de Rei, pero tamén polas persoas que se desprazan pola comarca chairega. Esta actuación beneficiará tamén aos usuarios e usuarias das instalacións deportivas ás que dá servizo, como o polideportivo e as piscinas municipais da Pastoriza ou o campo de fútbol do Acebreiro.