Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza retoma as xuntanzas literarias

Por 19 Setembro, 2022Setembro 22nd, 2022Sin comentarios

Trala pausa do verán, o club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Leticia Costas visitará o club.

Será este xoves, 22 de setembro, ás 20.00 horas no Fogar de Maeloc, para recibir á escritora de Golpes de Luz.

Ledicia Costas é unha escritora galega licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova. A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente.

Nos últimos anos recibiu importantes recoñecementos, como o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira cadáver. Por ese mesmo libro, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.