Skip to main content
As Pontes

A Escola de música das Pontes abre a inscrición para o curso de iniciación

Por 6 Setembro, 2022Sin comentarios

A Banda-Escola das Pontes abriu mantén aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado para o curso que dará comezo no mes de setembro.

Este grupo imparte clase de Iniciación á Música, unha formación gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 5 anos e que constitúe o paso previo a comezar a tocar un instrumento con 6 anos.

A formación consta dunha clase de 45 minutos á semana.

As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 696 264 627 ou nas redes sociais da banda escola.

Ademais tamén se pode facer a matrícula para os maiores de 6 anos que desexen formación musical. O alumnado poderá escoller o instrumento que desexe de vento madeira, vento metal, percusión ou piano.

As clases serán individuais e colectivas e se reforzarán con linguaxe musical.