Skip to main content
As PontesAxenda CaducadaDeportes TERRACHÁXA

O lago das Pontes acolle o domingo a última Travesía Costa de natación en augas abertas

Por 14 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

O concello das Pontes acolle o domingo 18 a última proba da Travesía Costa by duacode, unha proba de natación en augas abertas.

As saídas e chegadas serán desde o lago das Pontes, e como a proba realizarase en augas abertas, os nadadores sairán todos xuntos acompañados por embarcacións de seguridade.

As distancias que se percorrerán serán en longa 5.000 metros, en media 2.500 e en curta 1.500.

Na travesía Longa existe un tempo de corte, onde está o avituallamiento, si o nadador non superou este punto en 2 horas desde a saída, será recollido pola organización.

A organización facilitará o avituallamiento, que consistirá en auga, bebidas isotónicas, plátanos e xeles durante a travesía e na zona de meta. Os puntos de avituallamiento situados en embarcacións designadas pola organización, e fondeadas ao longo do percorrido, estarán debidamente sinalizadas con bandeira e globo de helio.

Na entrega cada participante recibirá unha bolsa cun gorro de natación do evento, o Chip, e a WetBag Gardarroupa.

Na Travesía Costa As Pontes 2022 entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados en categoría absoluta masculina e feminina, en cada unha das distancias (5000, 2500 e 1500m)

Entregaranse ademais trofeos ao primeiro e primeira clasificada en cada distancia nas seguintes categorías, júnior (ata 19 anos), máster de 20, máster de 30, máster de 40, máster de 50, máster de 60 e sénior (maiores de 70). Tamén recibirán un premio o mellor equipo mixto.

O prazo de inscrición está aberto ata mañá, día 13 de setembro e existe un límite de prazas para participar, que  é de 375 participantes en total entre a distancia longa (125), distancia media (125) e distancia curta (125).