Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle a primeira exposición de vehículos con enerxías alternativas

Por 11 Setembro, 2022Sin comentarios

O evento, organizado pola Faepac en colaboración co Concello das Pontes e a Deputación da Coruña, terá lugar do 16 ao 18 de setembro coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade.

No marco da Semana Europea da Mobilidade, As Pontes acollerá do 16 ao 18 de setembro a I exposición e proba de vehículos de combustibles alternativos, un evento organizado pola Faepac en colaboración co Concello das Pontes e a Deputación da Coruña.

O obxectivo deste evento é tratar de poñer en valor e fomentar as políticas de aforro e eficiencia enerxética, así como a promoción das enerxías renovables no ámbito local. Durante tres días, o núcleo urbano das Pontes acollerá esta exhibición de vehículos de todo tipo de enerxías alternativas incluíndo bicicletas, motos, patinetes e maquinaria, así como complementos para recárgaa dos mesmos.

Na exposición as persoas visitantes poderán probar e analizar vehículos de diversos combustibles alternativos, tales como a electricidade (100% eléctricos ou híbridos), gas natural, GLP, biocarburantes, hidróxeno ou combustible P.Series.

Ademais, ofrecerase a posibilidade de coñecer outros métodos de desprazamento que favorecen os beneficios ambientais e económicos como son o Smart Mobily, unha forma de mobilidade intelixente e eficiente.

A Semana Europea da Mobilidade é a principal campaña de sensibilización de Comisión Europea sobre mobilidade urbana sostible, fomentando o cambio de comportamento a favor da mobilidade activa, o transporte público e outras solucións de transporte limpas e intelixentes.