Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Chega a Vilalba a exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía

Por 3 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

A exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía estará en Vilalba a partir do martes día 6. Estará na Praza da Constitución ata o 18 de setembro, cando continuará a súa itinerancia por Chantada e Becerreá.

Esta mostra repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.

O día 6 de setembro ás 17:00 horas, na Praza da Constitución de Vilalba, terá lugar a inauguración desta exposición, A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía’, na que se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo en
pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A mostra, que se pode visitar na Praza da Constitución (A Chouzana) ata o 18 de setembro, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo.

Contará coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA; Elba Veleiro, alcaldesa do Concello de Vilalba; Vanesa Siso, concelleira de Cultura, e Tareixa Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo, que financia esta itinerancia, que logo a levará por outras vilas da provincia como Chantada e Becerreá.

Esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa.

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país. 50 anos de historia, un ano de celebracións.

A Casa da Matanza abriu ao público o 15 de xullo de 1971, pero non foi ata o ano seguinte cando sería musealizada a partir do proxecto realizado por Xosé Filgueira Valverde. É por iso que as celebracións e actividades deste 50 aniversario durarán un ano, de xullo de 2021 a xullo de 2022.

A historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo. Pouco despois da morte de Rosalía a casa da Matanza fica baldeira. Despois de varios intentos, é mercada en 1946 por Xosé Villar Granjel e Xosé Mosquera. O Patronato Rosalía, creado en 1947, acabou sendo refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Ata 1951 non se realizou a primeira restauración, segundo planos de Gómez Román. Pero foi a partir da presidencia de Sixto Seco cando en 1971, baixo a dirección de Fernández-Albalat, cando se puido inaugurar como Casa-Museo o 15 de xullo dese ano. Da montaxe e dirección do Museo encárgase Xosé Filgueira Valverde.

A Casa da Matanza converteuse en Casa-Museo en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. A partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, realizada no Pedrón de Ouro de 1970, iniciouse unha campaña na que participaron centos de persoas, de xeito particular e ás veces anónimo, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 60 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. Ao final, colleitouse un total de 994.043 pesetas en 1971.