Skip to main content
Vilalba

Vilalba prepárase para vivir este domingo o último día das festas

Por 3 Setembro, 2022Setembro 5th, 2022Sin comentarios

Manu Chao encandiló ao público vilalbés na noite do venres no seu primeiro concerto na terra do seu pai, os pequenos gozaron dunha festa infantil que mudou localización pero que no desluciu. O que si desluciu a festa foi o acto vandálico no que destrozaron a decoración dedicada a Manuel María feita con ganchillo.

As festas vilalbesas ultiman celebracións xa que mañá terán o seu punto e final coa xornada decidada á parroquia de Nete.

Polo de pronto, a xornada de onte, aínda que con mal tempo, no desanimou. Así, o esperado concerto de Manu Chao foi o eixe da programación. Os afortunados que se achegaron ao escenario puideron gozar do primeiro concerto que o cantante con raíces vilalbesas fixo en Vilalba.

Foi o venres o día dos nenos con inchables, tobagáns e moita diversión nos pavillóns dos colexios, un cambio sobre o previsto debido ao mal tempo. Aínda así, os pequenos gozaron da xornada festiva.

PROGRAMA DE HOXE

Hoxe, penúltimo día de festas os veciños e visitante da capital da Chaira poderán gozar con varias celebracións:

  • Pasacalles con Cerna de Árbol e Mestura de Nete.
  • 14.00 Sesión vermú con dúo Estrellas
  • Actuación do Mago Antón (ás 12.00 e ás 13.00 horas, e de tarde ás 18.00, 19.00 e 20.00 horas) na praza da Constitución.
  • 19.00 Obradoiro de Pompas  na praza da Constitución.
  • 20.00 XVI Festival de Bandas Pepe Guntín no auditorio.
  • 23.00 Verbena con Olympus e o dúo Estrellas.

DÍA DAS PARROQUIAS

As festas de Vilalba sempre estiveron moi vinculadas á celebración da feira de setembro, que coincide o primeiro domingo de cada mes. Así, unha das feiras máis destacadas do ano é sen dúbida a que pon o punto final ás festas.

Para a vila, a feira segue a ser unha das citas obrigadas durante todo o ano, que cobra especial relevancia con algunhas das citas máis emblemáticas do programa festivo.

A feira mensual, o feirón e as festas parroquiais vilalbesas son tan só algunas das numerosas celebracións que os visitantes e veciñanza da chaira non se pode perder na súa visita a Vilalba.

A pandemia trouxo un parón xeral da vida en xeral e San Cosme de Nete tivo que esperar dous anos para poder ser a parroquia homenaxeada durante as festas xa que tocáballe no 2020, ano no que se suspenderon. Así, o día para render homenaxe a Nete será este domingo.

O programa de actos que se desenvolverá consistirá nun pasacalles que terá o seu inicio ás 10.45 horas e que estará ao cargo do grupo Asubíos da Chaira e da Charanga de Vilalba.

O grupo Asubíos da Chaira xurdiu pouco antes de que a pandemia chegara as nosas vidas. Así, a coral Virxe do Monte de Cospeito sementou a iniciativa de crear unha aula de música tradicional aberta e que conta cunha trintena de integrantes que se dividen en Asubiíños e Asubíos adultos. O seu debut foi uns meses despois da súa creación nun concerto de Nadal en Feira do Monte xunto á veterana coral. Despois virían outros concertos e actuacións por feiras, centros de día e festivais.

A Charanga de Vilalba está formada por diferentes músicos, cun amplo repertorio e con máis de 20 anos de experiencia. Fundada no ano 1994 e despois dunha longa serie de ensaios, a primeira actuación tivo lugar o 1 de xuño de 1994, na festa de celebración do ascenso da SD Compostela á primeira división do fútbol español. Desde entón, seguen dun lado para outro animando toda clase de festas, concertos, festas gastronómicas, ou espectáculos deportivos…

Un dos principais atractivos é o carro da batería, de fabricación propia e artesanal, así como o acordeón amplificado. O seu repertorio abarca cumbias, merengues, pasodobres, boleros, mambos, guarachas, tarantelas, marchas, muiñeiras, xotas, … e pachanga en xeral.

Unha hora máis tarde comezará o programa homenaxe, que consistirá no acompañamento das autoridades e da veciñanza da parroquia de Nete dende o Concello ata a igrexa, acompañados pola música de Mestura de Nete.

O acto culminará coa misa, ás 12.00 horas, na que cantará a Polifónica Vilalbesa.

Finalizáran os actos coa ofrenda a Nete antes da sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Fuego.

A PARROQUIA

A parroquia de Nete ten un gran peso no termo municipal e experimentou moitos cambios como explica a presidenta da asociación veciñal, Ángeles Rivas.

É tradición que polas festas de San Ramón e Santa María de Vilalba se lle adique un día a unha das parroquias do Concello, e, segundo a orde alfabética, no 2020 tocáballe a San Cosme de Nete. Sen embargo, a inesperada pandemia do Covid provocou un parón de 2 anos no desenvolvemento normal da nosa vida, e porén tamén das festas. Así, este ano 2022 o día 4 de setembro, día da Feira de San Ramón, vai estar adicado a San Cosme de Nete.

Nete é unha parroquia pequena do Concello de Vilalba, limita coas parroquias de Ladra, Noche, Oleiros e Pino. Cunha superficie aproximada de 882 hectáreas está distribuida nos barrios de Carpaceiras, Bouza, Lourixe, Godón, Parrocha, Peteira, Lamelas, Carretera, Taraxal, Reboredo, Rañó, Bardoeira, Doade e Curro.

Como ocorre coa práctica totalidade das aldeas, a poboación de San Cosme sufriu un importante retroceso nos últimos anos; segundo datos do INE, no ano 2021 había 197 habitantes dos que 96 eran homes e 101 mulleres, cando no ano 2000 había 300 veciños dos que 160 eran homes e 140 mulleres.

Cómpre destacar en Nete a Igrexa parroquial, que data do século XVII, na que se atopan as imaxes do patrón, San Cosme, a Virxe da O e San Benito, acompañados doutras esculturas como as da Virxe das Dores, Sta. Lucía, San Antonio de Padua, etc. Ó lado do templo destaca o cruceiro, do ano 1860.

Tradicionalmente celebrábanse dúas festas, en abril na honra de San Benito e a finais de setembro, na honra do patrón, San Cosme, e a Virxe da O.

Hai que destacar, igualmente, a existencia dun castro no lugar dos Castros, do que se recuperaron diferentes obxectos de cerámica con destino actual descoñecido, así como diferentes mámoas na zona da Legua dereita.

A Asociación de veciños da parroquia, creada por un grupo de rapaces encabezados por Manuel Taboada “Carral” a finais do 1996, cumpre 25 anos de existencia formal neste 2022 e utiliza como local social o edificio da antiga Escola unitaria de Nete.

Podemos dicir que a Escola de Nete é o centro neurálxico da parroquia, onde se desenvolven as diferentes actividades prácticamente todos os días e pola que pasan habitualmente máis de 100 persoas cada semana.

Aparte de ocuparse das necesidades básicas da parroquia e das peticións que formulan os veciños, hai que destacar a labor de socialización e interrelación persoal que se realiza dende a Asociación. En todas as actividades que se organizan procúrase a participación de todos os colectivos, indicando expresamente que non existe ningunha limitación por razóns de sexo, idade, condición social ou relixiosa, minusvalía, etc. como unha maneira de combinar a aprendizaxe co lecer e a relación entre persoas, tan necesaria na vida rural.

A grande maioría dos cursos que se ofrecen suscitan moito interese acreditado polo elevado número de asistentes a cada un deles, probablemente debido en gran parte á  profesionalidade e recoñecido prestixio dos monitores e monitoras das diferentes actividades.

Unha labor importante que realiza a Asociación é a posta en valor e o mantemento de aspectos tradicionais da nosa cultura, como a música tradicional,  mediante a organización de cursos de pandeireta, baile tradicional, gaita, acordeón, canto e percusión tradicional, aproveitando os festivais de fin de curso para realizar actos benéficos a favor de colectivos necesitados de axuda como a Asociación española contra o cancro ou a Asociación somos unidos por el cáncer.

Ainda que é certo que cada ano a poboación da parroquia de Nete vai diminuindo, non se tén a sensación de San Cosme de ser Cunha superficie aproximada de 882 hectáreas está distribuida nos barrios de Carpaceiras, Bouza, Lourixe, Godón, Parrocha, Peteira, Lamelas, Carretera, Taraxal, Reboredo, Rañó, Bardoeira, Doade e Curro unha aldea “baleira” ou “morta”, máis ben ó contrario; grazas á natureza activa dos veciños e a participación de persoas de fóra da parroquia nas diferentes actividades, podemos dicir que a parroquia de San Cosme de Nete está viva.

Ogallá se poida manter esta supervivencia por moitos anos. 

FIN DE FESTA

Finalizarán a programación o domingo 4, ás 18.00 horas, coa compañía Títeres Cachirulo, que estará na praza da Constitución representando o seu traballo Don Gaiferos e o dragón.

Don Gaiferos, o famoso peregrino, na súa última peregrinación a Compostela, vaise ver tentado polo demo máis temible de todos os tempos: Lucifer o contaminador, quen intentará por todos os medios que abandone a ruta e fracase no seu proxecto, buscando a contaminación e deterioro da ruta xacobea.

Pero o punto e final estará ao cargo de Treixadura, ás 22.00 horas na praza da Constitución.

Son sinónimo de música tradicional, ritmos, cantos e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto polo tradicional.