Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes TERRACHÁXAVilalba

Vilalba acolle o domingo o memorial Francisco Javier González Vázquez de fútbol sala

Por 10 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

A sétima novena do Memorial Francisco Javier González Vázquez de fútbol sala terá lugar un ano máis no pavillón Municipal de Deportes de Vilalba e a data escollida foi este domingo, 11 de setembro, ás 19.00 horas.

O duelo estará protagonizado polo Grupo Forma-T Vilalba FS feminino contra A Fervenza FSF de Segunda División.

Este torneo memorial está organizado polo club loca Grupo Forma-T Vilalba FS en colaboración co Concello de Vilalba e a Deputación. A entrada ao partido é de balde.

Por enriba do xogo e do resultado final, será unha nova oportunidade de homenaxear á figura de Francisco Javier González Vázquez, unha das persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.