Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O SLG manifestarase este mércores en Vilalba en defensa do sector vacún de carne

Por 14 Setembro, 2022Setembro 15th, 2022Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) continúa a campaña Polo Futuro do Sector Vacún de Carne. Na defensa das nosas comarcas, lanzada o pasado 31 de agosto en Xinzo de Limia, en apoio ao sector vacún de carne, que se desenvolverá en varias comarcas galegas.

Mañá, mércores 15 de setembro, ás 12:30h, está convocada unha concentración reivindicativa na praza da Constitución de Vilalba (diante do Concello), acompañada da entrega ás formacións políticas presentes no Concello desta cabeceira de comarca dunha batería de medidas a activar de xeito inmediato para abordar a crise na que a alza de custos de produción, os baixos prezos ás produtoras/es e, de xeito destacado, a falta de asunción de responsabilidades por parte das distintas administracións, teñen sumidas ás granxas de vacún de carne do noso país.