Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba adhírese á Semana Europea da Moblidade

Por 20 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba ten como prioridade desde o comezo do actual mandato municipal a humanización do casco urbano, dándolle más protagonismo aos peóns e potenciando a mobilidade sostible.

Estes días, o concello adhírese á Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da UE na que participan aquelas vilas e cidades que destacan pola posta en marcha de medidas de planificación innovadoras, promovendo os desprazamentos a pé, a humanización das rúas e as solucións de transporte limpas e intelixentes.

Nos últimos anos, Vilalba creou e ampliou rúas e espazos peatonais, novas zonas verdes, beirarrúas e puntos que favorecen a accesibilidade e eliminan as barreiras arquitectónicas, con programas de redución da velocidade.

O Concello de Vilalba aprobou o ano pasado a súa adhesión ao Pacto Europeo das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, unha iniciativa internacional que ten como obxectivo reducir as emisións de CO2, aumentar o uso de enerxías renovables e baixar o consumo enerxético.

Tamén sacou adiante este ano o Estudo de Mobilidade e Espazo Público (EME), unha ferramenta fundamental para a planificación e a implementación de propostas destinadas a mellorar o espazo público e a accesibilidade da vila, o tránsito peonil e ciclista e, por suposto, a reordenación do tráfico e o estacionamento.

A limitación da velocidade máxima a 30km/h en vías urbanas ou a instalación de novas sinais indicativas nos pasos de peóns, termoplásticas e antideslizantes, foron outras medidas implantadas.