Skip to main content
Vilalba

Festas en Penarredonda de Belesar esta fin de semana

Por 23 Setembro, 2022Outubro 13th, 2022Sin comentarios

O lugar de Penarredonda, na parroquia vilalbesa de Belesar, festexa esta fin de semana ao Santo Anxo.

Abrirán as celebracións unha misa maior, ás 13.30 horas seguida de procesión e a tradicional sesión vemú coa orquestra Foliada, que estará acompañada por Tania Veiras na verbena da noite.

O domingo repetirase o oficio relixioso pero o apartado musical estará ao cargo de a orquestra Principal, que fará dobrete, en sesión vermú e verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que a tradicional comida da veciñanza ser realizará o 8 de outubro con música en sesión vermú e verbena con entrantes, polbo e churrasco mixto no menú a un prezo de 30 euros.