Skip to main content
Vilalba

O CEIP Terra Chá estrea mural e comeza a instalación do invernadoiro

Por 26 Setembro, 2022Setembro 27th, 2022Sin comentarios

O artista Iago Eireos realizou un mural conmemorativo do pintor e ilustrador galego Reimundo Patiño, realizado dentro do programa IlustraNOS da área de cultura da Deputación de Lugo nunha das paredes do CEIP Terra Chá, situado na parroquia de Román.

Esta obra chegou xusto para o inicio do curso convertindo a este colexio nun dos dez centros seleccionados para levar a cabo estes murais na provincia de Lugo, que deu unha nota de cor ao polideportivo don centro.

Por outra banda, o centro comezou a preparar o terreo para situar o invernadoiro do horto ecolóxico, onde plantarán verduras e hortalizas da nosa terra.

O colexio contou coa colaboración desinteresada do veciño Javier Servizos Agrícolas, que se prestou a facer os traballos de preparación do terreno. Nos vindeiros días comezarán a instalación do invernadoiro de 5,10m x 12m.