Skip to main content
Vilalba

A asociación de veciños de Nete pecha o mércores a inscrición as súas actividades

Por 27 Setembro, 2022Sin comentarios

A asociación de veciños de San Cosme de Nete comezará no mes de outubro as súas actividades habituais polo que o prazo de inscrición remata este mércores, 28 de setembro.

Así, haberá curso de acordeón, de pandeireta (para nenos e adultos), de gaita (iniciación e perfeccionamento) e de percusión tradicional para tamboril e bombo.

Ademais continuarán coas de baile tradicional tamén nas dúas categorías de iniciación e perfeccionamento para adultos e unha de iniciación de nenos.

Xa fóra da música haberá curso de ganchillo, de encaixe de boliños e batukada.

Os interesados en apuntarse poden facelo a través dos contactos habituais da asociación ou mesmo a través de Facebook enviando mensaxe privada.