Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Festas en Nete esta fin de semana

Por 29 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

O sábado 1 de outubro arrancarán en Nete as festas patronais na honra de San Cosme, San Benito e  Virxe da O. A música do dúo Venus será a encargada de abrir as festas trala celebración do oficio relixio das 13.30 horas. Haberá tamén procesión con Mextura de Nete.

Pola noite, á verbena protagonizada polo dúo Venus de novo sumararse o grupo Beatriz e a actuación de un DJ. Pero antes, pola tarde haberá animación infantil e cochonetas gratuítos para nenos entre as 17.00 e as 20.00 horas.

O domingo a sesión vermú do dúo Estrellas poñerá o punto e final á celebración, trala misa e procesión, de novo a cargo de Mextura de Nete.

O campo da festa estará cuberto cunha carpa.