Skip to main content
Vilalba

Vilalba Aberta pedirá no Pleno o arranxo da pista de Barbeitas de Sancovade

Por 28 Setembro, 2022Sin comentarios

Logo dunha visita a Sancovade, Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende dar resposta ás demandas dos veciños/as, pola vía do arranxo do vial municipal coñecido como Pista de Barbeitas.   

O tramo, que conecta o barrio do mesmo nome coa estrada de Baamonde, atópase nun estado evidente de degradación, polo que a solicitude de actuación exposta na proposición de Vilalba Aberta, redundaría nunha importante mellora da rede de comunicacións do rural vilalbés.

“Dende hai xa demasiado tempo, os veciños/as da zona veñen reclamando do goberno local que se atenda esta solicitude; mais, tal e como lamentou o voceiro da formación, Modesto Renda, “ninguén os está a escoitar.”

Xunto a Renda, á zona desprazouse tamén o veciño de Sancovade e responsable de Medio Rural na Coordinadora de Vilalba Aberta, Luís Barrio, quen fixo referencia ao “limitado da inversión” e o “baixo custe” que, para as arcas municipais, suporían os traballos de rebacheo.

Así, e ao tempo que agradeceron a confianza dos veciños/as no Grupo Municipal de Vilalba Aberta, ámbolos dous apelaron ó consenso de todos os grupos políticos con representación no Concello de Vilalba, con vistas a atender esta nova reivindicación veciñal “de xeito inmediato”