Skip to main content
Vilalba

Os concelleiros do PP e de Vilalba Aberta abandonaron o Pleno ao cambiar as súas mocións a rogos

Por 30 Setembro, 2022Outubro 13th, 2022Sin comentarios

O PP e Vilalba Aberta abandonaron o Pleno no transcurso da sesión como modo de protesta polo decisión de convertir cindo das súas mocións en rogos.

Os voceiros de ambos os dous grupos da oposición pediron a palabra unha vez iniciada a sesión para mostrar a súa disconformidade con esta decisión da Alcaldía e que o equipo de Goberno xustificou en base a un informa xurídico de Secretaría.

O Grupo Municipal Popular de Vilalba lamenta o “autoritarismo” da alcaldesa e do goberno do PSOE e condena a decisión da alcaldesa, “unha decisión que non debería ter pasado nun Estado de dereito”, segundo subliña a voceira, Sandra Vázquez. “Nunca tal se acorda en 40 anos de democracia en Vilalba”, remarca.

“É incomprensible que polo tomo y mando da señora alcaldesa non se podan someter á votación dos membros da corporación municipal propostas de interese para os vilalbeses coma as presentadas pola oposición”, valora a popular.

Deste xeito, “evita que os veciños e veciñas coñezan cal é o posicionamento do PSOE” porque, segundo manifestou Veleiro no pleno, “o goberno xa sabe o que ten que facer”. Pola contra, “o que si permite someter a votación do pleno de Vilalba son peticións a outras administracións; pero o que é competencia do Concello non se pode votar porque molesta ao equipo de goberno socialista”. Deste xeito, “evita ter que cumprir os acordos que tomase a maioría do pleno”.

A voceira popular lamenta, polo tanto, que “non se puidera coñecer o posicionamento do goberno local sobre propostas relevantes para Vilalba e os vilalbeses que foron presentadas en tempo e forma polos grupos da oposición para seren debatidas e votadas, como se fixo sempre ata o de agora”.

O Grupo Municipal Popular propoñía convocar a Comisión de Contas de cara á elaboración do orzamento para o ano 2023 porque “o PSOE está a gobernar coas contas do ano 2019 para as que os propios socialistas votaran en contra”.

Ademais, tamén solicitaba unha campaña para a dinamización e reactivación do pequeno comercio local en coordinación coa asociación de empresarios, así como o incremento da subvención ao Vilalba FS para a temporada 22/23.

VILALBA ABERTA

Vilalba Aberta calificou a situación dn “intento desesperado de silenciar á oposición”, que tal e como explicou o voceiro municipal da formación, Modesto Renda, “deixa en mas da alcaldesa e o seu goberno a decisión última de que temas se debaten e, o máis importante, de cales se votan e cales non.”

O edil, que cualificou a decisión de “atropelo democrático sen precedentes na historia do Concello de Vilalba”, lembrou que só existen “dous precedentes semellantes na provincia en máis de corenta anos de período democrático”.

Das 6 iniciativas rexistradas en forma de moción por parte dos dous grupos da oposición (3 do PP e 3 de VA) “a alcaldesa botou abaixo 5, manténdose unha das de 3 de VA, xustamente a única que non interpela ao goberno local, se non que se dirixe á Xunta ao respecto do Centro de Saúde.”

As outras dúas iniciativas de VA, isto é: a relativa á situación do Vilalba Fútbol Sala e a outra que, de aprobarse, abriría o paso a un investimento de 250.000€ na rede viaria de 8 parroquias, nin tan sequera se podían votar na propia sesión ordinaria.