Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Continúa o cine na rúa en Xermade con ‘Valentina’

Por 13 Setembro, 2022Setembro 16th, 2022Sin comentarios

Este venres 16 de agosto, Xermade convertirase nunha sala de cine grazas ao programa Cinenarua para que as nenas e nenos gocen da proxección da película de animación Valentina.

Será ás 21.00 horas na praza do Concello e en caso de choiva no local da asociación de mulleres Amuraxe, organizadora da sesión. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Valentina soña con ser trapecista e cre que por ter síndrome de Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.