Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Roupar celebra dende mañá as súas Festas do Campo

Por 15 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

Roupar, en Xermade, acolle dende este vernes, 16 de setembro, as Festas do Campo, na honra da Virxe do Carme e San Caetano.

A celebración arrancará pola noite, coa celebración da verbena a cargo do dúo Venus. O sábado, día grande, a misa será ás 12.30 horas, con procesión e sesión vermú, da que se ocupará a orquestra Venecia. Xa pola noite de novo Venecia e o dúo Estrelas amenizarán a verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.