Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A Plataforma Sanitaria estará no centro de saúde de Burela mañá

Por 3 Outubro, 2022Sin comentarios

A Plataforma sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo móbil de axuda coas reclamacións(UMAR) ao centro de saúde de Burela o vindeiro martes 4 de outubro, no seu horario habitual, de 11 a 13 horas. Nesta ocasión redactaranse reclamacións colectivas en demanda dun servizo de pediatría ao completo, que remate coa insostible situación  que están a vivir  as familias e  a única pediatra  que hai . 

O centro de saúde de Burela está dotado con dúas profesionais de pediatría , máis desde hai tempo , coa marcha dunha delas cara a outro destino, quedou unha soa pediatra para atender unhas mil cincocentas nenas e nenos que viven en Burela. Esta sobrecarga de traballo, insostible para unha soa profesional, veuse incrementada nestes días pola ausencia da pediatra que atende os concellos de Xove e Cervo. A situación que se está a vivir é moi grave, posto que non se pode garantir unha asistencia pediátrica de calidade, malios titánicos esforzos que está a realizar a profesional e que probablemente tamén están a repercutir na súa saúde. Segundo nos comenta Montse Porteiro, a coordinadora do colectivo ,“ o lóxico malestar das familias pola situación xa derivou en reclamacións  das mesmas, polo que esta plataforma quere porse a disposición das e dos veciños de Burela para denunciar públicamente esta problemática”.

Os concellos de Barreiros , Lourenzá e Mondoñedo a sufrir tamén a falta de pediatra.

Segundo nos trasladan algunhas familias, a falta de pediatras está a afectar tamén a Barreiros, Lorenzá e Mondoñedo desde que a titular de pediatría accedeu a outro destino por un proceso de traslados. Nestes momentos non hai pediatra nestes concellos , polo que non se están a facer as revisións periódicas dos neonatos nin tampouco noutras idades, situación que este colectivo cualifica como gravísima, “ posto que son @s pediatras quen ten que atender ás crianzas, non @s médic@s de familia, que por outra banda están tamén en claro déficit”.