Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

Avanzan a bo ritmo as obras da planta de biorresiduos de Cervo

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

As obras da nova planta de biorresiduos proxectada en Cervo, unha infraestrutura que se prevé que entre en funcionamento a finais deste ano dará servizo a 15 concellos.

As instalacións, cuxa construción foi adxudicada por preto de 6,4 millóns de euros á UTE Espina Obras Hidráulicas, S.A- Geoxa, Xeneral de Construcións, S.L, ocupará unha parcela de case 8.000 m2 e dará servizo a 14 concellos da Mariña lucense, Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xove e Cerv, , ademais do coruñés de Mañón, aglutinando unha poboación de máis de 69.300 habitantes.

Esta instalación formará parte da rede de infraestruturas deseñada pola Xunta a fin de que a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama teñan acceso á valorización da materia orgánica e dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km de distancia.

A planta de Cervo acollerá todo o proceso de compostaxe, pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento, disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica anuais, ás que habería que sumar 1.600 toneladas de material estruturante, é dicir, podas e restos de madeira, e producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará ao sector da agricultura e da gandería como fertilizante natural.

Así mesmo, estará alimentada por enerxías renovables e equipada tamén con novidosos e innovadores sistemas de depuración de augas e de aire, así como de control do nivel de ruído, garantindo con isto unha operativa respectuosa coa contorna.