Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

A Viveiro Bike Xtreme non se disputará finalmente este domingo

Por 12 Outubro, 2022Sin comentarios

A Viveiro Bike Xtreme, última proba do calendario da Copa Galicia de Cross Country Maratón (XCM), non se disputará finalmente este domingo. A baixa cifra de inscritos levou aos organizadores do evento a tomar a decisión de suspender a súa celebración.

O importe da inscrición será reembolsado integramente aos bikers que estaban anotados.

Deste modo, dase por finalizada a Copa Galicia XCM 2022. Os premios aos gañadores finais entregaranse na Gala do Ciclismo Galego 2022.