Skip to main content
AlfozAxenda CaducadaDeportes AMARIÑAXA

O II Descenso de Carrilanas de Alfoz será finalmente o 8 de outubro

Por 2 Outubro, 2022Outubro 8th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo anunciou a nova data de celebración do II Descenso de Carrilanas de Alfoz e que será finalmente o 8 de outubro.

A cita, que se ía celebrar o pasado sábado 17 de setembro, tivo que ser aprazado “por causas de forza maior”, e terá o seu percorrido pola estrada de Presaboa CP-0211. As verificación serán de 10.00 a 12.30 horas na casa do Concello e a proba comezará ás 15.00 horas.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, un club formado por veciños e amigos de Alfoz e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudas aos negocios.

A provincia de Lugo xa conta con varias probas en diferentes concellos, como no de Meira, que chega a terceira proba, Abadín, que acollerá a XIX edición do seu famoso descenso, e A Pontenova, Alfoz e Ribeira de Piquín que serían as segundas edicións.