Skip to main content
Alfoz

Comezaron as actividades deportivas de Alfoz

Por 10 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz oferta varias modalidades deportivas co obxectivo de promocionar o deporte e hábitos saudables para a poboación adulta de Alfoz.

Lévanse a cabo desde inicios de outubro ata finais de maio. Este ano, de novo, cubríronse todas as prazas dispoñibles, o que supón que máis de 50 persoas participan na proposta.

Así, as clases de ximnasia de mantemento son os luns e mércores de 18.30 a 19.30 horas e aeróbic os luns e mércores de 19.30 a 20.30 horas ambas no pavillón municipal.

Ioga é de 17.00 horas a 18.00 horas na Escola de Nenos de Adelán, o grupo A martes e xoves e o grupo B luns.

Estas actividades están subvencionadas parcialmente dentro do Plan Único da Deputación de Lugo.

Tamén en outubro deu comezo a actividade de patinaxe lúdica para nenas e nenos de 4 a 16 anos, organizada en varios grupos segundo idades e niveis que se leva a cabo os luns no Pavillón Municipal e que forma parte das Escolas Deportivas Muncipais xunto a Fútbol Campo e Fútbol Sala que iniciou xa en setembro o seu funcionamento.