Skip to main content
Alfoz

Alfoz dedicará o mes de novembro ao teatro

Por 31 Outubro, 2022Sin comentarios

A Área de Cultura de Alfoz, cuxa responsable é Marisa Goás, presenta a programación para o mes de novembro dedicada ao teatro. Todos os sábados de novembro, ás 20.30 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz.

Estas citas, que serán para todos os públicos e de entrada é libre e gratuíta, comezarán o sábado 5 co grupo de teatro Ítaca e a súa a obra Anacos, dentro do Ciclo de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación Provincial.

O seguinte, o sábado 12, será a quenda de Lume Escénico da Pontenova presentando a comedia Albergue Casa Amarelo. O misterio da Vía Rexia, que tamén está incluído no Ciclo de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial.

O día 19 Trípode e amigos presentará a comedia O muro, e o sábado 26 o Colectivo Cultural Ollomao representará O documento dentro do Ciclo de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial.