Skip to main content
Barreiros

A Mariña sen plástico organiza unha limpeza na praia de Lóngara en Barreiros

Por 11 Outubro, 2022Sin comentarios

A asociación A Mariña sen plástico, organiza para o mércores 12 de outubro unha limpeza na praia de Lóngara en Barreiros.

A asociación A Mariña sen plástico, organiza para o mércores 12 de outubro unha limpeza na praia de Lóngara en Barreiros.

Aconsellan levar luvas de traballo, calzado apropiado e moitas ganas porque van facer un bo labor nesta praia.

Para participar non fai falla anotarse pero a asociación tamén recomenda avisar por mensaxe privada para así poder facerse unha idea de canta xente irá.

A limpeza comeza ás 11:00 pero recomendan estar 15 minutos antes. E o punto de partido será no aparcamento de herba que hai en Lóngara, de onde baixarán á praia despois dunha breve introducción.