Skip to main content
Barreiros

Barreiros terá o programa Coidados porta a porta en novembro

Por 31 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros acolle o programa Coidados porta a porta, un programa gratuito que ofrece diversos servizos ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.

A unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta situarase na Praza do Concello os días 22, 23 e 24 de novembro.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, o de podoloxía para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como a eliminación de durezas, control de uñas; e o de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que consiste na realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida xa que conta con plataforma elevadora.