Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A obra Lara Hierro volve a Burela

Por 24 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela recupera o próximo venres 28 de outubro na Casa da Cultura a obra Lara Hierro ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.

Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial, que fora adiado no mes de abril e agora volve programarse con nova data. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.

Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración. 

Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falamos son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual.