Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

Como cada outono volve o SanciTapeando á hostalaría de San Cibrao

Por 4 Outubro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

A hostalaría de San Cibrao volve acoller unha edición máis da proposta gastronómica dos xoves co Sanci tapeando, en colaboración do Concello.

A esta iniciativa están adeheridos cinco locais Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Aquelarre, Cervecería Las Titas e Mesón A Bodega, que servirán do 6 de outubro e ata o 15 de decembro, unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2.50 euros.

Os clientes terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.

Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @SANCITAPEANDO.