Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

O novo club de atletismo Maderas Barcia Cervo aterra no municipio

Por 17 Outubro, 2022Sin comentarios

A partir de agora o Concello de Cervo conta cun novo club de atletismo tutelado pola experiencia da sección de atletismo das Escolas de Lourenzá, o Maderas Barcia Cervo.

Así na súa primeira foto oficial participarona presidenta, Patricia Beltrán, o directivo Jesús Baltar acompañando ós ediles do Concello de Cervo David Rodríguez (Deportes) e Dolores García (Educación), así como o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez, o vicepresidente do clube vinculado Escolas Lourenzá, Miguel Gavín, ademais dos adestradores da sección Ana Vallines, Siro Maseda e Rubén García.

Os adestramentos para iniciación serán os martes e xoves ás 16.15 e ás 17,15 nas pistas de atletismo de San Cibrao. na Veiga. A inscripción aínda permanece aberta e poderase efectuar a través do enlace.

Para máis información, no correo maderasbarciacervo@gmail.com ou no teléfono 686 586 000.