Skip to main content
Cervo

Varios voluntarios repoboaron con especies autóctonas o monte das Quintas, en Cervo

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo, A Rebolaxe e voluntarios de Alcoa realizaron traballos de repoboación de especies autóctonas no monte municipal das quintas.

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, participou na actividade que se desenvolveu nesta parcela de 2,3 hectáreas situada nas inmediacións da depuradora de Cervo.

A iniciativa, impulsada pola asociación A Rebolaxe, complementa o proxecto integral de reforestación que desde hai máis de 12 anos promove a Administración local que inclúe xa máis de 25 hectáreas de monte municipal e comunal

Méndez felicitou a asociación A Rebolaxe pola iniciativa que nos permitiu desfrutar dunha xornada de traballo e convivencia “moi enriquecedora en todos os niveis” e que vai en consonancia coa filosofía que persegue o Concello de Cervo xa que “a plantación de árbores autóctonas forma parte da nosa política forestal dende o primeiro intre”. De feito –engade- levamos plantadas máis de 10.000 árbores produtivas en parcelas públicas; e seguiremos a traballar nesta mesma liña “co obxectivo de deixarlles ás xeracións vindeiras un legado baseado nos bosques autóctonos, non tan habituais a día de hoxe, e amosarlles que poden chegar a converterse, incluso, nun medio de vida no futuro”.